ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / XXI Xornadas de Formación do Proxecto...

18-04-2015

XXI Xornadas de Formación do Proxecto Ríos

A temática do curso será achegarnos á sondaxe de lontra promovida pola SECEM e converter a este mamífero como especie do ano 2015 do Proxecto Ríos. Podes obter máis información AQUI. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo. Podes descarregar o cartaz en PDF: XXI Curso de formacion. Primavera 2015. PDF.pdf     

Programa das XXI Xornadas de Formación:
11.00 Chegada e entrega de material.
11.15 Estado do Proxecto Ríos.
12.00 IV Sondaxe de Lontra. Dr. Rafael Romero.
14.00 Xantar.
15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.
19.00 Clausura do curso.
O curso é gratuíto. O número de prazas é limitado, polo que que é preciso inscribirse, tanto por teléfono (981 57 00 99) como por correo electrónico: ramses@adega.gal

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal