ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Roteiro polo Monte Pindo un ano despois do...

13-09-2014

Roteiro polo Monte Pindo un ano despois do desastre

Cúmprese un ano do incendio que devastou o Olimpo Celta, e queremos que nos acompañedes nun roteiro pola zona arrasada o sábado 13 de setembro para comprobar o seu estado un ano despois, e pedirlle á Xunta que dunha vez dispoña dos recursos necesarios para recuperar e protexer o Monte Pindo.

Sairemos do restaurante O Feitizo en Caldebarcos (Carnota) a iso das 10:00h da mañá, polo que o primeiro tramo desenvolverase por un percorrido inédito no historial de visitas organizadas pola nosa Asociación. O retorno -ao mesmo lugar- está previsto a iso das 18:00h, polo que deberedes levar auga e xantar. Ah, coma sempre lembrade traer roupa e calzado cómodos, seguros e axeitados ás condicións meteorolóxicas do día. O custe da actividade é gratuito. Para máis información, consúltanos en info@montepindo.org.

Monte Pindo, Parque Natural!

Detalle do percurso

  • Trazado: Caldebarcos-Chan das Lamas-San Xurxo-Laxe da Moa (volta polo mesmo camiño)
  • Distancia: Arredor de 10 quilómetros
  • Duración: 4 horas (sen contar paradas), 6 horas totais
  • Dificultade: Media
  • Traer xantar e roupa e calzado seguros, cómodos e axeitados ás condicións do día
  • Máis información: www.montepindo.org ou escribenos a info@montepindo.org

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal