ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Mobilización global contra o cambio...

21-09-2014

Mobilización global contra o cambio climático

O domingo, 21 de setembro, a poucos días dun importante cumio climático na ONU, os membros de Avaaz arredor do mundo formarán parte da Marcha Cidadá contra o Cambio Climático. Os líderes do mundo cren que o cambio climático danos igual, por iso non están afrontando o reto de salvar o noso planeta. Pero o día 21 temos unha oportunidade sen precedentes de demostrarlles o contrario, coa mobilización contra o cambio climático máis grande da historia.

Fai clic aquí para rexistrarte en Avaaz.org e entérate desde onde partirá na túa cidade esta gran marcha global:

http://www.avaaz.org/es/event/climate/La_Marcha_Ciudadana_contra_el_Cambio_Climatico_273/?kpjwMab

Vémonos!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal