ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Media maratón Ribadeo-As Catedrais

06-09-2014

Media maratón Ribadeo-As Catedrais

ADEGA apoia esta iniciativa do concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo para reclamar a protección efectiva deste singular espazo, sometido a unha forte degradación pola presión turística e o abandono institucional da Xunta.

A declaración de Parque Natural deste treito da costa de Ribadeo contribuiría á ordenación dos seus usos e garantiría a participación pública do concello e os colectivos veciñais na súa xestión sustentábel.

Tanto esta iniciativa como a do Monte Pindo son perfectos exemplos duns espazos cuxa protección reclama activamente a sociedade. A Xunta ten que deixar de ignorar estas propostas e asumir que estas reclamacións cidadás de declarar tanto As Catedrais como o Monte Pindo parques naturais son a garantía do éxito na conservación dos seus singulares valores.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal