ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Reclama a Rueda o acceso ao acordo entre Impulsa...

Do 04-11-2026 ao 04-01-2027

Reclama a Rueda o acceso ao acordo entre Impulsa Galicia e Altri

As plataformas Ulloa Viva, Non á mina de Touro-O Pino e na Defensa da Ría de Arousa (PDRA), xunto co colectivo ecoloxista ADEGA, instan ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a que dea acceso ao contido do acordo ou memorando asinado entre Impulsa Galicia e Altri para desenvolver o proxecto da macrocelulosa en Palas de Rei, e convidan á cidadanía galega a rexistrar de forma masiva a mesma petición nas dependencias da Xunta. 

Descarga o documento que poñemos a disposición no final desta páxina, cúbreo cos teus datos e preséntao por rexistro físico ou electrónico.

Como asinar

Rexistro físico: descarga o escrito, imprímeo, cumpriméntao cos teus datos e entrégao en calquera rexistro (Concello, Xunta, Subdelegación do Goberno…).

Rexistro electrónico:

  1. DESCARGA o modelo de escrito no teu ordenador e cumpriméntao cos teus datos.
  2. Entra na sede electrónica da Xunta, dálle a “área privada” > “carpeta persoal” e identifícate
  3. Accede a trámites > solicitude xenérica (PR004a) > tramitar en liña
  4. Acepta os avisos que aparecerán en xanelas emerxentes
  5. Comproba os datos xa cubertos, escribe os que faltan e escolle o medio de notificación (electrónico). En “Asunto” escribe o nome do escrito. En “Expón” escribe “ver documento apegado”. En “Solicita” escribe “que se teña en conta esta solicitude”. En “Documentación que se presenta” escribe “solicitude de arquivo” no primeiro cadro.
  6. Selecciona o destinatario; neste caso: Presidencia. Unidade destinataria: Secretaría Xeral da Presidencia.
  7. Dálle a continuar e anexa o documento de solicitude (ollo! o nome do arquivo non debe conter acentos)
  8. Dálle a continuar e comproba que o teu documento está anexado correctamente.
  9. Asina e envía!

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal