Inicio / Axenda / Outras actividades / ILP Lingua Vital Xa!
Do 04-11-2026 ao 04-02-2027
A lingua galega é vital para o desenvolvemento do pobo galego. A emerxencia lingüística pódese reverter co compromiso de todas e todos, tamén dos poderes públicos que deben levantar todos os obstáculos garantindo sempre e en todo lugar a presenza e posibilidade de uso normal do galego, tal e como corresponde a unha lingua oficial.
A ILP Lingua Vital é unha proposición de lei de Iniciativa Popular que pretende levar ás normas todos os acordos a favor do galego e asegurar así a plena disposición da lingua en todos os espazos e garantir o dereito ao seu uso.
Para levala a debate no Parlamento de Galiza precísanse un mínimo de 10.000 sinaturas de persoas censadas en Galiza.
ADEGA-Compostela (Av de Castelao, 20 Baixo - 15704) é un dos puntos de recollida de sinaturas da ILP Lingua Vital Xa! Achégate de 9:30 a 15:00 h de luns a venres e deixa aquí a túa firma.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal