ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Protesta en defensa do rio Anllons

07-11-2026

Protesta en defensa do rio Anllons

Desde ADEGA apoiamos a convocatoria de nova manifestación en defensa do río Anllóns e pola paralización do proxecto de planta de biogás proxectado na aldea de Soandres, na Laracha. Esta protesta está impulsada pola plataforma Stop Biogás A Laracha baixo o lema "Defendamos a nosa saúde e o noso futuro!".

Sábado 7 de novembro
🕛 Ás 12:00 h
📍 Praza Les Sables d’Olonne (A Laracha)

A túa presenza importa. A túa voz conta!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal