Do 01-11-2026 ao 01-11-2028
Ven coñecer o litoral de Cangas e descubrir a Costa da Vela: un mosaico de ecosistemas naturais de gran riqueza e diversidade. Catalogada como Zona de Especial Conservación (ZEC) da Rede Natura 2000, a Costa da Vela destaca polos seus impresionantes cantís, que se elevan máis de 150 metros sobre o mar, así como polos seus queirogais, praias e sistemas dunares. Este extraordinario patrimonio natural convive cun valioso patrimonio arqueolóxico, con xacementos únicos que fan deste lugar un enclave de especial interese. Percorre con nós esta costa e déixate sorprender pola diversidade de paisaxes e hábitats que acolle!
Data: Domingo, 1 de novembro
Lugar: Costa da Vela/Cabo Home, Cangas
Horario aproximado: 11:00 -13:00
Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/y3rrSTMBkgC9sLVe6 (Aparcamento de Cabo Home)
Acceso en coche por pista sen asfaltar
Acceso a pé dende a Caracola de Donón ( ≈ 20 min)
Prazas limitadas! Inscríbete no formulario i.gal/roteiroVela
Actividade desenvolvida no marco do Proxecto #RíasVivasSur, impulsado pola delegación de ADEGA en Vigo e O Morrazo co apoio da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e do GALP Ría de Vigo A Guarda. Cofinanciado pola Unión Europea a través do FEMPA.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal