ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada de deseucaliptizacion no Couto da...

17-10-2026

Xornada de deseucaliptizacion no Couto da Eirexinha

Anotade nas axendas!

O sábado, 17 de outubro, o Couto da Eirexiña continuará coa deseucaliptización na CMVMC de Loureiro (Cerdedo-Cotobade, Pontevedra), e pola tarde terá lugar unha xornada do Proxecto Ríos no Almofrei, para coñecer os bichiños que viven nel e que son bioindicadores da saúde do río.

Vémonos no monte!️

Programa

9:45 h – Punto de encontro no Cemiterio de Loureiro
10:00 h – Comezo da actividade de deseucaliptización
14:00 h – Xantar vexetariano na Casa do Pobo de Loureiro
16:00 h – Revisión do río Almofrey dentro do Proxecto Ríos
18:00 h – Fin da xornada

A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar vexetariano

Queres participar nesta actividade? Inscríbete na actividade da mañá de deseucaliptización, na da tarde da Limpeza do río Almofrei ou en ambas. Lembra marcar se quedas a xantar. Formulario de inscrición

A data límite para a inscrición será o vindeiro xoves 15 de outubro ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar. Se tes algunha pregunta, contáctanos a coutodaeirexinha@gmail.com


Agardámoste!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal