ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Protesta en defensa do Umia ante a desfeita da...

13-09-2026

Protesta en defensa do Umia ante a desfeita da represa de Cabanelas

Baixo o lema "Non á desfeita na represa de Cabanelas", o Colectivo Ecoloxista do Salnés, ADEGA, Limpiarousa, Club Pesca Deportiva Pesca Cies, a Asociación de Veciños San Vicente e o BNG convocamos unha concentración en defensa do río Umia. Terá lugar o domingo, 13 de setembro, ás 12:00 h. na praia fluvial de Cabanelas (Ribadumia). As novas obras bloquean a fauna e estancan a auga. 

A saúde do Umia é tamén a nosa saúde. A vida e salubridade do río son un ben común que non debe poñerse en risco por intereses privados. É un abuso empregar o río para regar un campo de golf da Toxa, mentres están a obrigar a toda a cidadanía a restrinxir o uso da auga polas secas.

Mobilízate! Por un río Umia vivo e sen barreiras!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal