ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Manifestación contra as touradas en...

09-08-2014

Manifestación contra as touradas en Pontevedra

Colectivos ecoloxistas, animalistas, sociais, culturais e políticos de toda Galiza convócante a unha manifestación contra as touras en Pontevedra o vindeiro 9 de agosto, ás 20 horas, na Peregrina, baixo o lema "A tortura non é arte nen cultura. Touradas fóra de Pontevedra".

É o momento de mobilizarse conxuntamente para mostrarmos o noso rexeitamento a unha práctica cruel que provoca a repulsa da maioría do pobo galego. A implicación de todas as organizacións do país resulta fundamental co fin de conseguirmos a abolición en Pontevedra e en toda Galiza. Xuntas lograremos que nin un euro máis dos orzamentos públicos vaia sustentando esa práctica arcaica e inaceptábel. E nun futuro próximo teremos un país libre de touradas!

ADEGA é un dos colectivos que apoia esta manifestación, ademais de:
Isca, Equo Pontevedra, Os Chichisos, Amig@s da Cultura, Vaipolorío, Associaçom Cultural Revira, Associaçom Cultural Almuinha, Galiza Nova, ACOPO, Os Palleiros, Nós-UP.

Anímate e participa ti tamén!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal