02-08-2026
Visita ás Brañas de Cabeiro, en Redondela!
Ven coñecer a flora endémica deste hábitat prioritario e propostas para a súa conservación da man do biólogo e botánico Martiño-Fiz López Lindoso. Esta visita pretende ser un encontro aberto canda a especialistas en botánica, comuneiras, veciñanza e calquera outra persoa interesada en coñecer e reivindicar a nosa contorna.
Data: Domingo, 2 de agosto.
Lugar de encontro: aparcamento do campo de fútbol de Cabeiro.
Hora: 11:00-13:00h
Inscríbete en i.gal/visitacabeiro
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal