ADEGA

Do 21-07-2026 ao 30-09-2026

Mergúllate na vida do teu río! Fai un plan diferente coa túa asociación, amizades, familia ou veciñas. Solicita de balde unha experiencia guiada por ADEGA para descubrir a vida que agocha o río da túa contorna. Este verán, aprende e goza á fresca!

Esta actividade trátase dunha saída ao río dunha duración de dúas horas aproximadamente para: 
- Descubrir a biodiversidade que vive no río e na súa contorna.
- Procurar macroinvertebrados acuáticos e coñecer a saúde das augas a través deles.
- Achegármonos ao noso río ou zona de baño habitual dunha maneira diferente, práctica, divertida e participativa!

Como solicitar unha saída?
1. Xunta o teu grupo: esta actividade poden solicitala concellos, asociacións, ti e as túas amizades, familia ou veciñas, ou calquera outro colectivo. Máximo 25 persoas!
2. Escolle un río: en calquera punto da demarcación hidrográfica Miño-Sil, que abarca as concas do río Miño, Sil e Limia (ámbito territorial).
3. Nós encargámonos do resto: escribe a ramses@adega.gal ou chama ao 616 23 80 50 e solicita a túa saída de balde.

Vémonos no río!
.
.
Esta inciativa desenvólvese no marco do Proxecto Ríos impulsado por ADEGA e conta co apoio da Confederación Hidrográfica Miño Sil.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal