Inicio / Axenda / Outras actividades / FESTIGAL 2026
10-07-2026
Chega o Festigal! Un ano máis, ADEGA participará neste encontro cultural e musical que se celebra cada ano o 24 e 25 de xullo no Campus Vida de Santiago de Compostela.
Desde ADEGA estaremos cun stand informativo e de venda de material que poderás atopar o 25, Día da Patria, no espazo dedicado para o tecido asociativo.
Alí poderás facerte con libros, revistas, folletos de diferentes proxectos e actividades, chapas, camisolas... e moito máis. Estreamos merchand con motivo no noso 50 aniversario! Achégate e infórmate!
Máis info sobre o Festigal na súa páxina web festi.gal.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal