ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro intermareal polo Burgo

16-07-2026

Roteiro intermareal polo Burgo

Coñeces os valores naturais e culturais da ría do Burgo? Sabes cales son os bancos marisqueiros da ría e as especies que os habitan? Esta é a túa oportunidade!

ADEGA organiza un roteiro intermareal guiado por Teresa Ramiro, mariscadora e poeta, e Xandro García, biólogo mariño e membro de ADEGA. A andaina terá unha duración aproximada de 2h, durante as que percorremos uns 2,5 km, cunha dificultade baixa.

Esta actividade é de balde pero precisa inscripción previa, que podes facer neste formulario:

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal