Inicio / Axenda / Educación ambiental / Actividade nas hortas de Santiago
17-07-2026
O vindeiro venres 17 de xullo, ás 17:00 horas, celebraremos nas Hortas de Santa Marta (Av. de Syra Alonso), en Santiago de Compostela, un novo obradoiro dedicado á agroecoloxía aplicada ás hortas urbanas, impartido por Lucía Ferreira.
Ao longo da sesión afondaremos nos principios da agroecoloxía e na súa aplicación práctica en espazos de cultivo urbanos. O obxectivo é ofrecer ferramentas e coñecementos para crear hortas máis sostibles, produtivas e respectuosas coa biodiversidade, favorecendo un manexo ecolóxico do solo e dos cultivos.
O obradoiro está dirixido tanto a persoas que xa participan en hortas urbanas como a quen queira iniciarse neste ámbito, sen necesidade de experiencia previa.
Data: Venres, 17 de xullo
Hora: 17:00 h
Lugar: Hortas de Santa Marta (Av. de Sura Alonso), Santiago de Compostela
Inscricións e máis información:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal