ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Rato sen cemento

Do 02-07-2026 ao 02-10-2026

Rato sen cemento

Ligazón: adega.gal/rioratosencemento

Obxectivo: Reunir 12.000 € para financiar as accións xudiciais impulsadas por ADEGA contra o Plan Parcial do sector S-5.I, que prevé urbanizar a cabeceira do río Rato para ampliar o polígono industrial do Ceao, en Lugo.

Prazo temporal: 2 de xullo – 2 de outubro.

Impactos do proxecto:

  • Urbanización de máis de 32 hectáreas de solo natural.
  • Afección directa ás nacentes do río Rato e ao seu caudal.
  • Destrución de regatos, zonas húmidas, charcas, bosques de ribeira e carballeiras.
  • Perda de hábitats prioritarios e de especies protexidas.
  • Incremento do risco de inundacións e redución da capacidade de adaptación á seca.
  • Perda da oportunidade de crear un gran cinto verde que conecte os ríos Miño e Rato.
Por que é importante?
As nacentes do río Rato constitúen un dos espazos naturais de maior valor ambiental da cidade de Lugo. A súa conservación é fundamental para a biodiversidade, a regulación da auga, a adaptación ao cambio climático e a calidade de vida da veciñanza. ADEGA considera que existen alternativas para o desenvolvemento industrial sen destruír este patrimonio natural.

Como colaborar?
DOA: Apoia a campaña realizando unha doazón a través da web da campaña.

Opción offline: Número de conta: ES5020800342613040021744. Indica no concepto da transferencia “Río Rato”. Para que a túa doazón desgrave en Facenda, sinala tamén o teu nome e apelidos, DNI e código postal. Se queres certificado de doazón, envía o xustificante de pago a xestion@adega.gal.

A túa doazón desgrava até un 80% na declaración da renda!

DIFUNDE: Tamén é fundamental axudar a difundir a iniciativa para fortalecer a defensa social e xudicial do río Rato. Envía esta mensaxe á túa rede de contactos: 

POR UN RÍO RATO SEN CEMENTO 
⚠️Un proxecto urbanístico pretende cementar as nacentes do río urbano máis emblemático de Lugo. 
Non o permitas. DOA para que a asociación ecoloxista ADEGA poida frealo nos tribunais: https://adega.gal/rioratosencemento Eu xa o fixen. 
Queremos cidades saudables, resilientes e preparadas fronte á crise climática. Menos formigón, máis natureza!✊🏼

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal