Do 18-06-2026 ao 23-06-2026
Este San Xoán, deixa pegada só na memoria! 🌿🔥
Desde ADEGA Compostela compartimos un Manual de Boas Prácticas para San Xoán co que queremos axudar a vivir esta festa tan nosa dun xeito máis sostible e respectuoso coa natureza.
🍀 Recolle as herbas con responsabilidade.
🌱 Respecta as especies silvestres e os seus hábitats.
🗑 Leva contigo os residuos e deposítaos no colector axeitado.
🔥 Evita queimar plásticos e outros materiais contaminantes nas cacharelas.
🚒 Extrema as precaucións co lume e asegúrate de apagar ben as cinzas.
Pequenos xestos que fan posible conservar as nosas tradicións e protexer o patrimonio natural que compartimos. Porque celebrar tamén é coidar!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal