ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Cociñando co sol: da horta ao prato

07-07-2026

Cociñando co sol: da horta ao prato

A asociación ADEGA organiza unha nova sesión de "Cociñando co Sol: da horta ao prato", unha actividade demostrativa na que aprenderemos a preparar alimentos empregando cociñas solares.

Durante o encontro veremos como funciona esta tecnoloxía limpa e accesible, explorando formas de reducir o consumo enerxético ao tempo que desfrutamos da cociña e dos produtos locais.

A actividade está aberta a todas as persoas interesadas na sustentabilidade, a alimentación saudable e as enerxías renovables.

 📅 Data: Martes, 7 de xullo
🕔 Hora: 17:00 h
📍 Lugar: Mercado "Entre lusco e fusco" (Parque de Belvís), Santiago de Compostela

Para máis información, podedes mandar un correo a itziar@adega.gal ou chamar ao 722.230.663.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e Urbaser.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal