06-06-2026
Nesta actividade poderás descubrir e ver cos teus propios ollos a biodiversidade mariña que existe no Golfo Ártabro. Embarcarémonos como tripulantes dunha embarcación tradicional patroneada por membros da ACM Os Patexeiros e desfrutaremos dunha pequena navegación pola ría de Sada.
A través desta actividade, convidámoste a descubrir o valor das embarcacións tradicionais como aliadas na observación e conservación da biodiversidade mariña. Sen ruído, nin présa, estas embarcacións permiten un achegamento respectuoso e directo aos hábitats costeiros, e ofrecen unha experiencia única para coñecer os ecosistemas do Golfo Ártabro.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal