ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Asina a ILP para a creación de...

Do 20-05-2026 ao 21-08-2026

Asina a ILP para a creación de Áreas de Restauración Ecolóxica

Numerosas entidades ambientalistas e conservacionistas promovemos unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para crear unha nova figura legal de protección ambiental: as Áreas de Restauración Ecolóxica. A proposta pretende establecer un marco xurídico específico para impulsar a recuperación de ecosistemas degradados e garantir que os espazos restaurados conten cun réxime de protección que evite a súa deterioración no futuro.

A Comisión Promotora anima a toda a cidadanía a participar neste proceso para mostrar o apoio social transversal á restauración da natureza. Asina!

Onde?
📍Local de ADEGA en Santiago
📍Local de ADEGA en Lugo
📍Postos de ADEGA nas vindeiras mobilizacións

Se queres recoller sinaturas, ponte en contacto con xestion@adega.gal. Deberás indicarnos o teu nome e apelidos, número de pregos e localización. 

A ter en conta:

👉Cada prego contén 52 sinaturas.
👉Os pregos están numerados e non poden fotocopiarse.
👉Deben ser correctamente custodiados.
👉Poden asinar todas as persoas maiores de idade censadas en Galiza.

Le toda a información sobre a proposta aquí.

Comisión promotora

Asociación Galega de Custodia do Territorio, Asociación Corripa, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Asociación Senda Nova, Ecoloxistas en Acción, Fundación Montescola, Fundación Naiterra, Greenpeace e Verdegaia.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal