ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Oferta posto de traballo de ADEGA en Vigo

Do 18-05-2026 ao 25-05-2026

Oferta posto de traballo de ADEGA en Vigo

ADEGA ofrece un posto de traballo para coordinar o proxecto Rías Vivas na ría de Vigo.

Funcións do posto

1. Planificación e execución do proxecto

  • Definición de actividades, públicos destinatarios e liñas estratéxicas.
  • Proposta e adaptación de metodoloxías educativas e participativas.
  • Coordinación e execución de actividades de divulgación e educación ambiental, especialmente relacionadas co medio mariño.
  • Organización e desenvolvemento de itinerarios interpretativos, obradoiros, saídas ao campo e accións comunitarias.
  • Interacción directa con grupos diversos (voluntariado, comunidade, sector pesqueiro/marisqueiro).
3. Elaboración de materiais e comunicación
  • Elaboración de materiais educativos e divulgativos: presentacións, guías, contidos web e redes sociais.
  • Comunicación pública: notas de prensa, charlas, representación da entidade en eventos.
  • Difusión e visibilización do proxecto en distintos canais.
4. Xestión administrativa e técnica
  • Xestión de memorias, informes, xustificacións e orzamentos.
  • Seguimento técnico e documental do proxecto.
  • Avaliación continua das accións e proposta de melloras.
5. Relación institucional e territorial
  • Coordinación con institucións científicas, , asociacións e entidades do territorio.
  • Relación co sector pesqueiro/marisqueiro cando sexa necesario.
  • Participación en redes, encontros e espazos de colaboración. 
6. Apoio á delegación
  • Apoio á coordinación da actividade xeral da delegación, colaborando na organización interna, planificación de tarefas e dinamización das accións que se desenvolvan no territorio.
  • Flexibilidade para asumir tarefas diversas segundo as necesidades do equipo.

Requisitos das persoas candidatas

Formación e coñecementos

  • Titulación en áreas relacionadas: ciencias do mar, ciencias ambientais, bioloxía, educación ambiental.
  • Experiencia demostrable en proxectos de educación ambiental, participación cidadá ou divulgación científica.
  • Capacidade para coordinar actividades e traballar con grupos diversos.
  • Competencias sólidas de comunicación oral e escrita.
  • Manexo fluído de ferramentas ofimáticas (Word, Excel, PowerPoint).
  • Carné de conducir B e dispoñibilidade para desprazamentos.
  • Coñecemento e uso correcto do galego nivel alto.
 Valorarase especialmente
  • Formación universitaria en ciencias mariñas.
  • Experiencia no traballo co sector pesqueiro / marisqueiro
  • Experiencia na organización de actividades no medio ambiente, preparación de itinerarios interpretativos
  • Experiencia na xestión de proxectos
  • Coñecementos básicos de regulamentos e lexislación ambiental

Condicións laborais

  • Incorporación en xullo.
  • Contrato indefinido cun mes de período de proba.
  • Xornada de 30 horas semanais (6 horas diarias).
  • Horario continuo con cláusula de flexibilidade.
  • Lugar de traballo: teletraballo/traballo de campo.
  • Salario neto mensual: 1.290€

Como presentar a candidatura?

Envía o teu currículo ao enderezo electrónico adegavigo@adega.gal, indicando no asunto “Candidatura a posto de traballo ADEGA Vigo”. O prazo permanecerá aberto ata o luns, 25 de maio de 2026 (incluído). Grazas pola vosa atención.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal