ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Ven axudarnos a reparar a charca do Monte da Fraga

07-05-2026

Ven axudarnos a reparar a charca do Monte da Fraga

ADEGA, xunto coa Oficina de Sustentabilidade da UDC, organizan unha nova xornada de voluntariado no Monte da Fraga. A cita será o vindeiro xoves, 07 de maio, ás 16h. O punto de quedada é na porta da Facultade de Ciencias (Campus da Zapateira).

A duración aproximada desta actividade é de 2h. Durante a realización desta actividade, as persoas participantes axudarán a reparar a charca do monte da Fraga.

Para participar, é necesario inscribirse previamente no formulario dispoñible aquí.

Datos da actividade:

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal