ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornada de voluntariado no Couto da Eirexiña

25-04-2026

Xornada de voluntariado no Couto da Eirexiña

Desde o Couto da Eirexiña, o vindeiro sábado 25 de abril queremos facer algo especial polo 52 aniversario da Revolução dos Cravos. Así pois, despois da xornada de deseucaliptización en Rebordelo, agasallamos ao voluntariado e socias cun fermoso obradoiro de fotografía de plantas coa cianotipia. Se queres, trae o teu cravo para fotografar!


Programa do voluntariado ambiental:
9:45 h – Punto de encontro no Cemiterio de Loureiro
10:00 h – Comezo da actividade de deseucaliptización
14:00 h – Xantar na Casa do Pobo de Loureiro
16:00 h – Obradoiro de fotografía de prantas coa cianotipia

A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar vexetariano

Lembra que te podes asociar mediante a seguinte ligazón: https://coutodaeirexinha.gal/asociate/

Inscríbete AQUÍ na actividade da mañá de deseucaliptización, na da tarde da Limpeza do río Almofrei ou en ambas. Lembra marcar se quedas a xantar. 

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal