ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Voluntariado en Vilamartín de Valdeorras

Do 07-04-2026 ao 10-04-2026

Voluntariado en Vilamartín de Valdeorras

ADEGA organiza no marco do Proxecto Ríos un campo de voluntariado para a restauración de zonas queimadas en Vilamartín de Valdeorras, co obxectivo de promover o coidado do medio natural e a participación da mocidade en actividades ambientais.

Neste campo participará alumnado do IES Alto Jarama de Torrelaguna (Madrid), concretamente 29 estudantes de 4º da ESO e de FP Básica en Aproveitamentos Forestais, de entre 15 e 17 anos, acompañados por profesorado. A actividade desenvolverase durante os días 7, 8, 9 e 10 de abril en distintas zonas do concello de Vilamartín de Valdeorras, como San Vicente de Leira e a contorna do río Leira, tamén en coordinación coa veciñanza.

Durante estas xornadas levaranse a cabo diferentes traballos de carácter ambiental, centrados principalmente na plantación de especies autóctonas de ribeira. Ademais, tamén se realizará a instalación de caixas-niño e outras accións destinadas á mellora dos ecosistemas locais. 

Esta actividade conta co financiamento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e coa colaboración do Concello de Vilamartín.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal