ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Nin chan, nin mar: as cabichas ao seu lugar

28-03-2026

Nin chan, nin mar: as cabichas ao seu lugar

Actividade Cancelada

Esta iniciativa organizada por ADEGA busca concienciar sobre o impacto ambiental do lixo e, ao mesmo tempo, responsabilizarse do espazo común para conseguir un mundo máis sostible.

Sabías que unha soa cabicha pode contaminar ata 50 litros de auga? Ou que os filtros están feitos dun material plastico que tarda décadas en degradarse? Nos campus da Universidade da Coruña, estes pequenos residuos acumúlanse en zonas de paso, xardíns e entradas ás facultades. Por iso, queremos pasar á acción.

Participa o vindeiro sábado, 28 de marzo, ás 11h, na actividade de recollida de cabichas "Nin chan, nin mar: as cabichas ao seu lugar", que percorrerá algúns puntos críticos do campus da Zapateira. Esta actividade ten recoñecemento de créditos para estudantado de grao da UDC: 2h (1C por cada 10h de participación en actividades da Oficina de Sustentibilidade). Para esta actividade é preciso inscribirse!


Anímaste a participar?

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal