ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Roteiro reivindicativo polo Monte Xalo e acto...

15-03-2026

Roteiro reivindicativo polo Monte Xalo e acto informativo

O Monte Xalo, un lugar único na comarca da Coruña con grandes valores naturais e culturais, está ameazado por un proxecto empresarial que tamén pon en risco potabilidade da auga da Coruña. ADEGA, xunto co Colectivo das Pedras Galladas e a asociacion de Montes Veciñais da Parroquia de Celas, organiza un roteiro para coñecer de primeira man esta zona. Despois do roteiro, haberá un acto informativo sobre o proxecto de central hidroeléctrica reversible que se pretende construír na balsa mineira de Meirama.

A cita é o próximo domingo, día 15 de marzo e é preciso inscribirse para realizar esta actividade:

Formularios de inscripción para participar e anotarse no autobús: https://forms.gle/miq9iD6Gt2Fyw5mp6 

11h - Pedra Mazafacha: Comezo do roteiro. O percorrido de aproximadamente 11km e dificultade baixa terá unhas 4h de duración, durante os cales visitaremos lugares sinalados deste espazo singular, como pedras, brañas, regos, etc. Faranse varias paradas para falar das historias que agochan os lugares visitados. Tamén pasaremos polo lugar onde se ten previsto construír a central hidroeléctrica reversible de Meirama.

15h - Xantar de Convivencia: Despois do roteiro desprazarémonos ate as proximidades da Torre de Celas, onde temos un espazo reservado no que poderemos xantar sentados e a cuberto. É preciso que cada persoa traia a súa propia comida.

17h - Acto informativo: Será na reitoral de Celas, moi perto do lugar do xantar. Colectivos de veciñanza e dos montes veciñais en man común afectados polo proxecto de central hidroeléctrica reversible de Meirama contarannos en que consite este proxecto e como se verán afectados de levarse a cabo.

AUTOBÚS

ADEGA pon á disposición das persoas participantes un autobus con saída ás 9h da cidade de Lugo. O prezo do autobus dende Lugo é de 20 €, 15 € para persoas socias  e 10€ para estudantes e desempregadas.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal