Inicio / Axenda / Educación ambiental / Reparación de valados de pedra seca na UDC
Do 12-03-2026 ao 12-02-2026
ADEGA, xunto coa Oficina de Sustentabilidade da UDC, organizan unha nova xornada de voluntariado no Monte da Fraga. A cita será o vindeiro xoves, 12 de marzo, ás 16h. O punto de quedada é na porta da Facultade de Ciencias (Campus da Zapateira).
A duración aproximada desta actividade é de 2h. Durante a realización desta actividade, as persoas participantes axudarán na reparación dun valado de pedra seca.
Para participar, é necesario inscribirse previamente no formulario dispoñible aquí.
Datos da actividade:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal