04-03-2026
O Monte Xalo é unha das zonas naturais máis destacadas da bisbarra da Coruña. Un lugar onde se mesturan os restos arqueolóxicos prehistóricos con valores naturais como os bosques de ribeira. Un lugar no que hoxe en día moitas persoas desfrutan de actividades deportivas como as rutas en bicicleta ou a pé, pero que quizais fose un Olimpo para os nosos devanceiros ártabros. Este lugar, no que se atopan unhas das poucas Comunidades de Montes Veciñais en Mancomún do norte de Galiza, está rodeado de lendas e historia, pero tamén duns valores naturais sen parangón na comarca coruñesa.
O proxecto de construcción dunha central hidroeléctrica reversible que usará o mal chamado “Lago de Meirama” (unha balsa mineira en realidade) para xenerar enerxía, e que se sitúa nesta zona natural, vai poñer en risco a auga potable de toda a comarca da Coruña.
Por este motivo, ADEGA - A Coruña e o Colectivo das Pedras Galladas organizan na AC Alexandre Bóveda unha mesa redonda para dar a coñecer os valores naturais e patrimoniais deste espazo ameazado. Para este evento contamos coa participación de:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal