02-02-2026
ADEGA e o Sindicato Labrego Galego convocan unha reunión informativa o vindeiro luns, 2 de febreiro, ás 20:00 h na Casa das Insuas de Rábade (antigo concello) para informar sobre o proxecto eólico Cordal-Ousá e as súas infraestruturas de evacuación, que se estenderían polos concellos de Friol, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Castro de Rei. No acto achegaranse todos os datos dispoñibles sobre o proxecto, os seus impactos ambientais e a situación de despregadura eólica na zona. Tamén se entregarán alegacións.
En concreto, estas son as parroquias afectadas polo parque eólico e a liña de evacuación:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal