ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Charla informativa: Efectos ambientais e...

27-12-2025

Charla informativa: Efectos ambientais e socioeconómicos da industria do biometano

O vindeiro 27 de decembro, ás 17:00 horas, celebrarase no Auditorio da Agolada unha charla informativa baixo o lema “Stop biometano Agolada. Nin no teu pobo, nin no meu!”, centrada na análise crítica dos impactos ambientais e socioeconómicos da industria do biometano.

A charla estará presentada e moderada por Laura Moure, xornalista de Ecos da Comarca, e contará coa participación de persoas expertas e representantes de colectivos sociais e ambientais. Entre as intervencións, ADEGA participará na charla a través de Daniel L. Vispo, licenciado en Químicas, profesor xubilado de Física e Química e membro da asociación, que abordará os riscos ambientais e territoriais asociados a este tipo de instalacións industriais.

Tamén participarán:

  • Xoán Castro, enxeñeiro agrónomo e investigador no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
  • Nery Díaz, presidenta de Ecoloxistas Galicia Atlántica e Verde
  • Xosé Mariño, membro de Berce do Ulla
  • Ariadna Sanjuán, veciña de Campredó afectada pola planta de biometano da Galera (Tarragona), que achegará o seu testemuño directo
Un encontro aberto á veciñanza para informarse, reflexionar e debater sobre o modelo de xestión de residuos, a implantación de macroplantas de biometano e as súas consecuencias no territorio rural. Achégate!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal