ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Solsticio de inverno na Eira da Xoana

21-12-2025

Solsticio de inverno na Eira da Xoana

SOLSTICIO DE INVERNO NA EIRA 2025 – SEN ALTRI!

📍 Ramil (Agolada)
📅 21 de decembro
🕔 A partir das 17:00 h

Celebramos xuntas e xuntos o solsticio de inverno, despedindo o sol vello e dando a benvida ao novo ciclo, como manda a tradición-

PROGRAMA:
17:00 h – Preparamos os fachos e facemos o boneco do Ano Vello. Trae roupa vella para poñerlle.
18:00 h – Subida ao Cotón para despedir o sol vitorioso.
19:00 h – O Apalpador visita a cativada. Merenda-cea e actuacións durante toda a tarde-noite. Queimaremos o Ano Vello e prenderemos o tizón do Nadal, compartindo comida, música e celebración.
Trae algunha cousiña para comer e compartir na merenda-cea.

Agardámoste!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal