ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Charla O emprendemento feminista contra o...

17-12-2025

Charla O emprendemento feminista contra o capitaloceno

Vivimos na era do capitaloceno, un termo que define como a lóxica capitalista de crecemento infinito, explotación de recursos e xeración de residuos é a forza principal que modela e dana o noso planeta. Ante este modelo, que prioriza o beneficio sobre a vida, é urxente construír alternativas.

Neste taller, guiadas pola Consultora 50 Pes, exploraremos os fundamentos do emprendemento feminista como resposta práctica e poderosa. Non se trata só de crear proxectos liderados por mulleres, senón tamén de que incorporen desde a súa raíz outros valores.

Día: 17 de decembro
Hora: 18:45h
Ligazón ao zoom: https://us02web.zoom.us/j/83968908777?pwd=iIzcjvtoRgkIp2zI0XPS68fzLrbCJ1.1

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal