ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Xornadas O rural galego en feminino

Do 29-11-2025 ao 30-11-2025

Xornadas O rural galego en feminino

A cidade da Coruña acollerá as xornadas "O rural galego en feminino", organizadas por ADEGA en colaboración co Concello da Coruña, na fin de semana do 29 e 30 de novembro. 

As actividades do primeiro día desenvolveranse no Centro Cívico da Cidade Vella (Rúa Veeduría, nº 2, A Coruña) e contarán con relatoras e activistas que reflexionarán sobre o papel das mulleres no rural galego, os desafíos ambientais e sociais, e os novos modelos de sustentabilidade e emprendemento.

Programa do sábado 29
11:00 h – Apertura das xornadas
11:20 h – María do Mar Pérez Fra, doutora no Departamento de Economía Aplicada da USC.
11:40 h – Marta García Vilar, responsable do proxecto Millo e Landras.
12:00 h – Pausa café
12:20 h – Llerena Perozo Porteiro, activista ecofeminista e traballadora eidos profesionais da cultura (produción audiovisual e editorial), o medio ambiente e a igualdade.
12:40 h – Coloquio
14:00 h – Fin da sesión de mañá

16:30 h
 – Comezo da sesión de tarde
16:40 h – Taller: “O emprendemento feminista contra o capitaloceno: ferramentas e aprendizaxes”, con 50 pés consultoras.
19:00 h – Encerramento do evento

Visita do domingo 30
O domingo realizarase unha visita guiada á Granxa Ecolóxica de Lousada, un proxecto referente en produción sustentable e prácticas agroecolóxicas. A saída está programada para as 16:00 h.
Cómpre inscrición previa neste formulario

Máis información sobre a granxa: @granxas_de_lousada

Agardámoste!


Estas xornadas contan co apoio do Concello da Coruña.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal