ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada formativa: saída de campo ao...

21-11-2025

Xornada formativa: saída de campo ao río Tambre

ADEGA organiza, no marco do Proxecto Fluviatilis, dentro das xornadas de formación sobre o modelo de xestión dos ecosistema fluviais, unha visita á unha das zonas de actuación do proxecto, nomeadamente ao río Tambre. Esta xonada está dirixida a stakeholders, persoas involucradas na xestión de ecosistemas fluviais e grupos de interese (representantes de concellos, persoal técnico municipal e de medio ambiente, axentes medioambientais, persoas usuarias e colectivos vinculados ao uso dos ecosistemas fluviais, profesorado...).

Modalidade: saída de campo presencial. Inscricións abertas até o xoves 20 de novembro ás 15:00 h.
Día e hora: 21 de novembro, de 13:00  a 15:00 h.
Guías: Paco Bañobre e Ramsés Pérez, responsables de ADEGA do Proxecto Fluviatilis en Galiza.

Programa:

13:00 h Encontro coas persoas participantes.
13:15 h Visita á zona de actuación e explicación das accións realizadas
15:00 h Clausura da xornada


Para inscribirte á actividade, debes cumprimentar este formulario: https://forms.gle/6F6B88QfZbhLgSSW8

Proxecto Fluviatilis

O curso de formación desenvólvese no marco do Proxecto Fluviatilis no que participa ADEGA canda a outras catro organizacións conservacionistas do Estado, e que ten como obxectivo concienciar sobre as ameazas que sofren os ríos e fomentar actitudes responsables cos ecosistemas fluviais. 

Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal