ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornada de clausura do Proxecto Fluviatilis

21-11-2025

Xornada de clausura do Proxecto Fluviatilis

O vindeiro 21 de novembro, de 11:30 a 13:00 horas, celebrarase en formato telemático a xornada de clausura do proxecto Fluviatilis. Custodia para a resiliencia, unha iniciativa promovida por ADEGA, ANSE, Grup de Natura Freixe, Fundació per a la Convivència dels Rius e Red Cambera, co apoio da Fundación Biodiversidad, o Goberno de España e a Unión Europea.

O proxecto Fluviatilis ten como obxectivo principal contribuír á adaptación de diversos ríos fronte ao cambio climático mediante a aplicación de solucións baseadas na natureza. Para iso, desenvolvéronse estratexias orientadas á promoción da bioeconomía e do emprego verde, así como programas de educación ambiental e voluntariado. Durante o evento presentaranse os principais resultados e logros acadados, entre eles, a publicación de Resiliencia y Custodia Fluvial: Guía metodológica para el desarrollo de actuaciones de restauración de ecosistemas fluviales y la implementación de modelos de gobernanza.

A participación é gratuita, mais é necesario inscribirse previamente NESTE FORMULARIO para recibir a ligazón de acceso.

Programa

  • 11:30 h – Benvida e presentación da xornada
  • 11:40 h – Presentación dos resultados e logros alcanzados
  • 12:45 h – Quenda de preguntas
  • 13:00 h – Peche e despedidA

Fluviatilis. Custodia para a resiliencia conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) financiado pola Unión Europea – NextGeneration EU.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal