ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Roteiro Micolóxico polo Río Te

13-12-2025

Roteiro Micolóxico polo Río Te

ACTUALIZACIÓN: Prazas esgotadas.


ADEGA, no marco do Proxecto Ríos, organiza un roteiro pola ribeira do río Te para a identificación de cogomelos. Terá lugar o próximo sábado, 13 de decembro, cunha duración de, aproximadamente, 4 horas, en horario de 10:30 h a 14:30 h.

O roteiro estará guiado por Santiago Corral da Agrupación Micolóxica - Naturalista Liboreiro de Bueu.

As prazas son limitadas e é preciso inscribirse a través deste FORMULARIO.

As persoas inscritas recibirán un correo co punto de encontro e as normas básicas para o roteiro.

Programa

10:30 h Recepción e presentación da xornada
11:00 h Inicio do roteiro para a identificación de cogomelos
13:00 h Descanso.
14:30 h Remate da xornada.

Esta é unha actividade financiada pola Deputación da Coruña.

Anímate e ven a coñecer a beleza micolóxica do país canda nós!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal