ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Mostra 50 anos de ADEGA | Monforte de Lemos

Do 01-10-2026 ao 13-10-2026

Mostra 50 anos de ADEGA | Monforte de Lemos

A exposición "ADEGA, 50 anos coidando a terra", que conmemora o medio século de traxectoria na defensa do medio ambiente galego, pode visitarse desde o mérccores, 30 de setembro, ata o martes 13 de outubro en fronte ás Casiñas da Compañía, en Monforte de Lemos.

Esta mostra foi realizada grazas ao apoio da Deputación provincial da Coruña e á colaboración de socias e simpatizantes que axudaron a configurala. Componse de 16 paneis, acompañados de bidóns simbólicos que recrean materiais radioactivos, en referencia á oposición galega aos vertidos nucleares na Foxa Atlántica, unha das mobilizacións ecoloxistas máis emblemáticas do país.

A través de textos e imaxes, a mostra ofrece un percorrido pola historia da organización e polas principais ameazas ambientais ás que se enfrontou Galiza nos últimos 50 anos, desde a loita contra as verteduras contaminantes e os incendios forestais ata a defensa do territorio fronte á especulación e os macroproxectos industriais.

Non perdas de visitala!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal