ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Xornada de deseucaliptización en Loureiro...

08-11-2025

Xornada de deseucaliptización en Loureiro + recollida de semente + Proxecto Ríos 8 de novembro

O vindeiro sábado 8 de novembro voltamos cun voluntariado ambiental no Couto da Eirexiña coa CMVMC de Loureiro, veciña de Rebordelo, cunha actividade de deseucaliptización.

Despois da xeira, haberá xantar na Casa do Pobo de Loureiro.

Pola tarde haberá recollida de semente e revisión do río Almofrei dentro do Proxecto Ríos, organizada por Adega.

Queres participar nesta actividade?

A data límite para a inscrición será o vindeiro xoves 6 de novembro ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar. (Lembra marcar se quedas a xantar)

Queres participar? Anótate!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal