Do 16-10-2025 ao 17-10-2025
Desta volta queremos achegarnos ao estudo de determinados grupos de fauna. Participaremos no programa de Seguimento de Micromamíferos Comúns de España (SEMICE) promovido pola Sociedade Española para a Conservación e Estudo dos Mamíferos (SECEM).
Este seguimento consiste na colocación de trampas para capturar pequenos mamíferos aos que logo se lles realiza unha biometría e marcado para o seu rexistro. Estas accións son realizadas por G.E.A.S. (Grupo Especialista en Animais Salvaxes) que coloca as trampas e realiza o inventario. O voluntariado participante acompañará aos biólogos expertos na revisión das trampas e no marcado e medicións dos exemplares.
As actuacións desenvolveranse no concello de Rois, na aldea de Martelo e nos arredores de dous regatos: Rego de Portabre e Rego do Feal Maior.
A revisión das trampas realizarase a primeira hora da mañá para evitar danos nos individuos capturados e poder liberalos canto antes. O horario previsto será de 8:00 a 10:00, tanto o xoves 16 como o venres 17.
Para saber máis sobre o SEMICE
Para participar nesta actividade é preciso inscribirse a través do seguinte FORMULARIO
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal