ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Encontro ecoloxista "Temos...

Do 18-10-2025 ao 19-10-2025

Encontro ecoloxista "Temos raíces" - FEG

A Federación Ecoloxista Galega organiza unha nova edición do seu encontro anual, que terá lugar o 18 e 19 de outubro no Espazo da Natureza de Oza (Carballo). Este ano terá como eixo central o cambio climático e os incendios forestais. Durante a fin de semana haberá espazos de debate, proxeccións audiovisuais, obradoiros prácticos e actividades culturais, co colectivo Senda Nova como anfitrión. O domingo pecharase cun roteiro polo Monte Neme dentro do programa Outono en marcha.

🔸 Sábado 18

  • 10.30h. Presentación das Xornadas
  • 11h. Mesa: Cambio climático e incidencia dos incendios desde diferentes puntos de vista
  • 13.00h. Presentación de Senda Nova e do Espazo da Natureza de Oza
  • 13.30h. Debates entre asociacións e participantes
  • 14h. Comida
  • 16.00h. Proxeccións documentais
  • 16.30h. Obradoiro legal: como enfrentarse a proxectos lesivos para o ambiente. Obradoiro teórico práctico sobre aspectos legais dos proxectos lesivos para o ambiente con:
    18.30h. Actuación de música tradicional coa asociación cultural Escola do Alpendre de Carballo
🔸 Domingo 19
  • 9:00h. Roteiro de sendeirismo organizado por Senda Nova: “As pegadas do volframio” con visita ao Monte Neme.


Programa completo e inscricións: Formulario

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal