Inicio / Axenda / Outras actividades / Charla O Eume ameazado – ENCE nas Pontes
26-09-2025
Este venres, 26 de setembro de 2025, ás 19:30 h, na Casa da Cultura de Pontedeume, o xeólogo e secretario técnico de ADEGA, Fins Eirexas, explicará os impactos do novo proxecto de instalación dunha factoría de ENCE nas Pontes de García Rodríguez.
A factoría prevé tomar auga do Eume e devolver a vertedura ao propio río tras o proceso industrial, o que fai soar as alarmas sobre os riscos ambientais para o Eume e a ría.
O encontro está organizado polo Ateneo Fernán Martís e conta coa colaboración do Concello de Pontedeume e da Deputación da Coruña.
Achégate para coñecer este proxecto de primeira man e reflexionar sobre o futuro do territorio.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal