ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Ciclo de actividades 50 Anos | Santiago de...

Do 26-09-2025 ao 07-10-2025

Ciclo de actividades 50 Anos | Santiago de Compostela

ADEGA celebra o seu medio século de traxectoria cun ciclo de actividades en Santiago de Compostela entre o 26 de setembro e o 7 de outubro. O programa, desenvolvido en colaboración co Concello de Santiago, pretende achegar á veciñanza compostelá e ao conxunto da cidadanía galega a historia e os retos presentes e futuros do movemento ecoloxista galego.

Velaquí o programa completo:

Venres 26 set

  • 12:00 h · Inauguración exposición “50 anos coidando a terra”
    📍 Paseo da Alameda
  • 13:00 h · Visita guiada pola exposición
    📍 Paseo da Alameda
  • 18:00 h · Proxección documental “A terra por gañar”
    📍 Centro sociocultural Ensanche
  • 19:30 h · Mesa redonda “ADEGA, unha historia de compromiso coa terra” [Toda a información]
    📍 Centro sociocultural Ensanche
Luns 29 set
  • 17:00 h · Obradoiro de reciclaxe
    📍 Centro sociocultural Fontiñas
Martes 30 set
  • 11:00 h · Visita Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR)
    📍 Corexo, Aríns
  • 16:30 h · Visita guiada pola exposición “50 anos coidando a terra”
    📍 Paseo da Alameda
Mércores 1 out
  • 18:00 h · Proxección documental “A terra por gañar”
    📍 Casa das asociacións (Cornes)
  • 19:30 h · Mesa redonda “O movemento social compostelán na defensa da terra”
    📍 Casa das asociacións (Cornes)
Xoves 2 out
  • 16:30 h · Roteiro “Refuxios de vida e lendas”
    📍 O Pedroso (Aparcadoiro Granxa Xesto)
Venres 3 out
  • 12:00 h · Instalación exposición “50 anos coidando a terra”
    📍 IES Xelmírez I
  • 19:30 h · Proxección documental “A terra por gañar” + coloquio
    📍 Centro sociocultural Santa Marta
Luns 6 out
  • 16:30 h · Descuberta de biodiversidade nas charcas do Pedroso
    📍 O Pedroso (Aparcadoiro Granxa Xesto)
Martes 7 out
  • 16:30 h · Inspección de Proxecto Ríos no Sarela
    📍 Río Sarela (Pavillón Sta. Isabel)
O obradoiro de reciclaxe, a visita á EDAR, o roteiro, a descuberta de biodiversidade e a inspección no Sarela precisan de inscrición previa a través do seguinte formulario:bit.ly/50anos_compostela

Ao tempo, a exposición tamén percorrerá diferentes centros de ensino de Compostela, co obxectivo de achegar ás novas xeracións unha parte fundamental da memoria ambiental de Galiza. En concreto, estará no IES Xelmírez I (do 3 ao 10 de outubro); no IES Xelmírez II (do 20 ao 24 de outubro); e no IES de Sar (do 24 de outubro ao 5 de novembro).

Achégate!

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal