Do 03-10-2025 ao 04-10-2025
O Concello de Pontevedra impulsa, dentro do proxecto GreenGap (Interreg España–Portugal), unhas Xornadas sobre a Custodia do Territorio organizadas por ADEGA para o próximo venres 3 e sábado 4 de outubro en Pontevedra, cuxo obxectivo pasa por poñer en valor as experiencias de colaboración entre entidades, administracións e comunidades locais na conservación do patrimonio natural e cultural.
Durante dous días, contaremos en Pontevedra cun espazo de encontro e reflexión a través dunha mesa redonda con diferentes iniciativas de custodia, así como cun taller práctico que nos permitirá coñecer sobre o terreo experiencias inspiradoras no concello.
VENRES 3 DE OUTUBRO · MESA REDONDA
Lugar: Pazo da Cultura (Seminario 2, 1ª planta)
Horario: 18:00 – 21:15 h
Co título “A Custodia do Territorio, participar para conservar”, esta mesa redonda achegará á veciñanza e ás entidades socioambientais de Pontevedra unha panorámica diversa de proxectos de custodia, desde o ecoloxismo ata as experiencias das comunidades de montes e de propietarios particulares.
Programa
Inscríbete neste formulario antes do 1 de outubro: bit.ly/xornadaspontevedra
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal