Inicio / Axenda / Outras actividades / Xornada de deseucaliptización e limpeza...
20-09-2025
O próximo sábado 20 de setembro comeza o curso de voluntariado ambiental no Couto da Eirexiña, desta volta coa CMVMC de Loureiro, veciña de Rebordelo, cunha deseucaliptización. Pola mañá estaremos deseucaliptizando en Loureiro. Despois do traballo, degustaremos un delicioso menú vexetariano na Casa do Pobo de Loureiro. Pola tarde participaremos na Limpeza Simultánea de Ríos organizada por ADEGA entorno ao río Almofrei. (Podes inscribirte ás dúas actividades ou só a unha).
9:45 h – Punto de encontro no Cemiterio de Loureiro
10:00 h – Inicio da actividade de deseucaliptización
14:00 h – Xantar na casa do Pobo de Loureiro
16:00 h – Inicio na actividade de Limpeza do río Almofrei (dentro da Limpeza Simultánea de Ríos organizada por ADEGA)
19:30 h – Fin da xornada
* A actividade inclúe os seguros de responsabilidade civil e de accidentes ademais do xantar vexetariano.
Inscríbete na actividade da mañá de deseucaliptización, na da tarde da Limpeza do río Almofrei ou en ambas. Lembra marcar se quedas a xantar.
A data límite para a inscrición será o vindeiro xoves 18 de setembro ás 13:00h, co fin de que poidamos ter tempo para formalizar o seguro e preparar o xantar. Tamén, se tes algunha pregunta, podes contactar a través do correo coutodaeirexinha@gmail.com
Agardámoste!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal