19-10-2025
ADEGA convoca un ano máis a Limpeza Simultánea de Praias, que desta volta acada a súa XIV edición, e terá lugar na fin de semana do 19 de outubro. Esta xornada de voluntariado ambiental ten o propósito de concienciar a sociedade na loita contra a contaminación mariña.
A chamada a participar nesta xornada de limpezas ecolóxicas vai dirixida a toda a sociedade: asociacións, centros de ensino, concellos e a todas aquelas persoas que desexen colaborar na protección do noso litoral. Únete á marea!
Se queres participar, escribe un correo a itziar@adega.gal e indícanos a seguinte información:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal