Do 10-10-2025 ao 21-10-2025
Desde o 10 ata o 21 de outubro poderá visitarse a exposición "50 anos coidando a terra" de ADEGA na Praza de Ourense, en Pontevedra.
A iniciativa enmárcase nunha xeira de actividades conmemorativas que ADEGA está a desenvolver por todo o territorio galego co obxectivo de poñer en valor a traxectoria das 5 décadas de historia da propia organización, mais sobre todo, daqueles fitos e loitas ecoloxistas que marcaron o devir presente e futuro do noso pobo e da nosa terra, así como favorecer o coñecemento e o activismo ambientalista entre as xeracións máis novas.
Esta exposición conta co apoio da Deputación provincial da Coruña e do Concello de Pontevedra.
Non a perdas! E partilla!
#50AnosADEGA #coidandoaterra
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal