Inicio / Axenda / Outras actividades / ADEGA, no Festigal 2025
25-07-2025
Un ano máis, ADEGA participará no Festigal 2025 cun stand informativo e de venda de material que poderás atopar no espazo dedicado para o tecido asociativo. Será o próximo 25 de xullo, día da Patria, no Campus Sur da USC. Alí poderás facerte con libros, revistas, folletos de diferentes proxectos e actividades, chapas, camisolas... e moito máis. Estreamos merchand con motivo no noso 50 aniversario! Achégate e infórmate!
Máis info sobre o Festigal na súa páxina web festi.gal.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal