ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Curso de formación sobre xestión...

27-06-2025

Curso de formación sobre xestión fluvial | Fluviatilis

ADEGA organiza, no marco do Proxecto Fluviatilis, unha xornada de formación sobre o modelo de xestión dos ecosistema fluviais, o seu funcionamento e problemática; a normativa na xestión do DPH, e a custodia fluvial como modelo de conservación e de participación da cidadanía. Este curso está dirixido a stakeholders, persoas involucradas na xestión de ecosistemas fluviais e grupos de interese (representantes de concellos, persoal técnico municipal e de medio ambiente, axentes medioambientais, persoas usuarias e colectivos vinculados ao uso dos ecosistemas fluviais, profesorado...).

Modalidade: Telemática. Inscricións abertas até o xoves 26 de xuño ás 15:00 h.
Día e hora: 27 de xuño, de 10:00  a 14:30 h.
Poñentes: Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA; Ramsés Pérez, educador ambiental e técnico de custodia do territorio de ADEGA; e Ana F. Santamariña, técnica de TRAGSATEC para a Confederación Hidrográfica do Tajo. 

Programa:

10:00 h Presentación da xornada
10:15 h Xestión do medio fluvial
11:30 h Normativa
12:45 h Descanso
13:00 h Custodia do territorio e custodia fluvial
14:00 h Preguntas
14:30 h Clausura da xornada

Inscríbete!

Para inscribirte á actividade, debes cumprimentar este formulario

Proxecto Fluviatilis

O curso de formación desenvólvese no marco do Proxecto Fluviatilis no que participa ADEGA canda a outras catro organizacións conservacionistas do Estado, e que ten como obxectivo concienciar sobre as ameazas que sofren os ríos e fomentar actitudes responsables cos ecosistemas fluviais. 

Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal