ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Madeira, sal e biodiversidade: O Golfo...

08-06-2025

Madeira, sal e biodiversidade: O Golfo Ártabro dende unha embarcación tradicional

Cartaz do evento

Porque as embarcacións tradicionais non son só patrimonio flotante: son tamén unha das mellores plataformas para observar e comprender a riqueza da vida mariña que nos rodea. Esta é a idea central da charla “Madeira, sal e biodiversidade”, que terá lugar o vindeiro día 8 ás 19h no bar El Canalla Sada (Avenida do Porto, 30).

A través desta actividade, convidámoste a descubrir o valor das embarcacións tradicionais como aliadas na observación e conservación da biodiversidade mariña. Sen ruído nin présa, estas embarcacións permiten un achegamento respectuoso e directo aos hábitats costeiros, e ofrecen unha experiencia única para coñecer os ecosistemas do Golfo Ártabro. Atoparás máis biodiversidade da que imaxinas.

Todo un universo mariño que cómpre preservar. A charla será impartida por Xandro García, membro de ADEGA e biólogo mariño, e está organizada por ADEGA e a ACM Os Patexeiros.

  • Título: Madeira, sal e biodiversidade: O Golfo Ártabro dende unha embarcación tradicional
  • Data: 8 de xuño, as 19h 
  • Lugar: El Canalla Sada (Avd. do Porto, 30)
  • Entrada libre

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal